Xornadas de teatro

ASOMAMOS acostuma a organizar anualmente unha xornada de Teatro:  “TEATRO EN PRIMAVERA”.

Nas derradeiras edicións puxéronse en escena: “Para que eu viría ó médico … nin sempre é anécdota, representada por Teatro Fontevella do Centro Sociocultural de O Porriño, e “O enfermo imaxinario”, representada por Teatro Mistura, da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña de Mos, e máis recentemente “Tan só se vive una vez” representado polo Grupo de Teatro As Mulleres de Mos..