Coral Polifonica

Xurde a Coral Polifónica Asomamos, a raíz duns cursos de canto coral que a Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, ASOMAMOS organiza, en 2008, para os seus asociados e asociadas. A partires de aquí decídese por en marcha a actual Coral Polifónica Asomamos.

Fixo a súa presentación o día 25 de Xaneiro de 2009, organizando un Certame de Corais celebrado no emblemático Pazo de Mos.

Este grupo de afeccionadas e afeccionados o canto coral, teñen como obxectivo cultural, cultivar los distintos estilos da música coral (habaneras, boleros, zarzuela, canción popular, folk etc.), prestando unha atención especial a canción tradicional galega.

A Coral Polifónica Asomamos, na curta andaina conta no seu repertorio, con unha extensa variedade de música coral: habaneras, boleros, folk, tradicional galega, clásica e litúrxica, etc. Ten colaborado en diversos intercambios culturais con distintas asociacións e agrupacións corais da provincia. Neste sentido, a Coral Polifónica Asomamos está aberta as colaboracións con corais, asociacións, así como entidades benéficas …

A paixón pola música e mailo canto coral alenta e da azos de mellora ós compoñentes da Coral Polifónica Asomamos, que preocupados pola súa formación fomenta a educación para o canto; con ese fin periodicamente veñen levándose a cabo obradoiros de técnica vocal. Neste último, foi impartido pola xoven e prestixiosa soprano galega Dª Esperanza-Mara Figueira Rama.

 

A Coral Polifónica Asomamos está inscrita na Federación Galega de Corais FECOGA, asi como nos “Plans Culturais” da Deputación Provincial de Pontevedra, e Concello de Mos (Pontevedra).

CAM00087 CAM00086