Grupo Cantaruxia

O xermolo do Grupo de Cantaruxía, percusión e canción popular, xurde dun curso de “pandeireta e cantos populares” que ASOMAMOS organiza para os seus asociados no ano 2009.

A partires de esa data e sempre coa colaboración e dirección do mestre percusionista Emilio Pichel Davila a andaina do Grupo mesturase entre a formación dos compoñentes e a participación en festivais, concertos, seráns, etc.

Deste xeito contamos con participación en Festivais organizados pola Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Mos, Asociacións Veciñais, así como en festivais benéficos como os realizados na Residencia dos Irmáns Camilos, de Teis-Vigo, Asilo de Tui, etc. O Grupo CANTARUXÍA, amosase aberto a colaboracións ou intercambios con outros grupos, asociacións, entidades benéficas …